Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta FP Innova 2017

Proxecto Interface de Comunicación Arduino KNX.

Imaxe: FP Innova 2017 Xunta de Galicia A nosa primeira entrada para este blog colaborativo. E  estamos contentos de comezalo cunha nova que nos afecta de cheo: ⏩O IES María Sarmiento estará por segundo ano consecutivo no FP Innova 2017   amosando o seu proxecto Interface de comunicación Arduino KNX . Este proxecto foi realizado en colaboración co CIFP Politécnico de Lugo , e resultou premiado na Convocatoria innovación 2016 na Modalidade A. ⏩ PRO XECTO . O obxecto do proxecto é realizar o deseño dunha placa hardware , coas librarías necesarias para conectar o Arduino (plataforma de hardware e software libre) co bus de comunicacións de KNX (plataforma comercial estándar para comunicacións empregada en domótica e inmótica). Dispoñer desta plataforma é de grande interese porque permite empregar dispositivos de baixo custo en instalacións reais. Desde aquí só nos queda darlles os parabéns e desexarlles o mellor  nese Congreso de Innovación na Formac...