Saltar ao contido principal

III Xornadas de Emprendemento.Ciclo Formativo de grao Superior de Administración e Finanzas.


O 28 de febreiro celebouse por terceiro ano consecutivo a  mostra das III Xornadas de Emprendemento no salón de actos do noso centro. Nesta exposición do módulo de Simulación Empresarial que imparte a profesora Yolanda Fernández expuxeron catro empresas; dúas delas,  Hotel Cramer e  Tenda de maqillaxe Visage irán ao concurso Miniempresas que patrocina a Fundación Alcoa e que coordina a Consellería de Educación.

Presentación de  Hotel Cramer
O proxecto que presentaron Cristina, Melody e Adrián é Hotel Cramer, un hotel de catro estrelas, adicado a eventos e cunha boa oferta de rutas e excursións alternativas pola Mariña.



Outra proposta empresarial  foi Vegalian, negocio de comida vegana e vexetariana que presentaron Sol, Úrsula e Yanira; foi esta última, vegana, quen animou a crear esta tenda que foi das que máis interese despertou, invitando ao público a probar as súas receitas de pizzas, croquetas e mesmo hamburguesas.

Stand de Vegalian
Saray e Elsa Mª presentaron a súa iniciativa turística Elsisagar, un barco de pasaxe para realización de grandes eventos, estancias e circuítos por mar.

Posto de Elsisagar nas Xornadas



Cómpre recordar que o alumnado do ciclo deseña e realiza todo o proxecto empresarial desde os presupostos ata a montaxe do stand e ao mesmo tempo todo o traballo de publicidade e márketing, deseño de carteis...


Márketing da empresa


A cuarta empresa presentada foi Visage con Cristina e Rocío á fronte. A súa tenda caracterízase por uns excelentes produtos de maquillaxe e a atención personaliada a cada cliente.Os seus produtos convenceron ao numeroso público asistente que se animou a probar.
Sesión de maquillaxe



Desde o blog do EDLG só nos queda agradecerlles a invitación a estas III Xornadas,  desexarlles o mellor a esta rapazada emprendedora e transmitirlles os nosos parabéns a todo o alumado e profesorado do Ciclo. Agardamos contar con outras xornadas o vindeiro curso.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Muller e Formación Profesional: Soldadura e caldeiraría

No taller de soldadura Cuestionario pdf No Ciclo de Soldadura e Caldeiraría están matriculadas dúas alumnas: Noa  e María. Son as únicas mulleres nun ciclo dos de mellor perspectiva laboral. Houbo outras alumnas outros cursos que demostraron a súa pericia na soldadura, porén seguen sendo poucas as mulleres que se apuntan a este ciclo. Falta de visibilidade? As alumnas de 3º da ESO que forman parte do EDLG fixéronlles unha entrevista nos talleres como medio de reflexionar sobre a presenza de mulleres na Formación Profesional. Aquí van algunhas das súas respostas: As instalacións do centro, das aulas, dos baños...están adaptadas ás necesidades de homes e mulleres? Hai algo que se podería mellorar? NOA:   No Ciclo de Soldadura non existía vestiario de mulleres a principio de curso; ao haber dúas mulleres habilitaron un baño para este fin. Só se a muller destaca sobre os seus compañeiros masculinos poderá ser contratada Pensades que no mundo labora...

Muller e Formación Profesional: Electromecánica de vehículos automóbiles.

As compoñentes do EDLG nos talleres de Auto coas entrevistadas Nuria Díaz e Rosalía Fernández, compoñentes do Equipo de Dinamización da Lingua Galega entrevistaron ás alumnas do Ciclo  Electromecánica de vehículos automóbiles Patricia Casas e Lucía Seijas,  dentro do proxecto "Visibilizando á muller na Formación Profesional" con motivo do Día da Muller que se celebra o 8 de marzo. Esta é a entrevista: Cal foi o motivo de matricularte neste Ciclo, por vocación ou polas saídas laborais que ten? Como o coñeciches? PATRICIA:Sempre me gustou o mundo do motor e teño a idea de poder montar un coche para correr. Que proporción de homes/mulleres hai no alumnado deste ciclo? E cal é a proporción profesoras/profesores nos módulos que cursades? LUCÍA:O número de mulleres é moi escaso nos Ciclos Formativos, salvo no de Administrativo;Profesoras só hai unha no Ciclode Carrozaría. As instalacións do centro, das aulas, dos baños...están adaptadas ás necesidad...

Muller e Formación Profesional. Ciclo de Carrozaría.

Talleres do Ciclo de Carrozaría 📌Sara Escalera imparte o módulo Elementos Estruturais do Vehículo no Cliclo Medio de Carrozaría e Preparación de Superficies na Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos. Enxeñeira de Obras Públicas , Enxeñeira agrícola e mestra, preparación non lle falta.Tres titulacións que se sacan con traballo e esforzo.O que demostra que non todos os xoves son xeración nini. Un referente,xa que logo, a ter en conta e á que agradecemos a súa colaboración. En directo mostra o lado máis positivo do seu traballo, inda que en privado non esquece algunhas dificultades dos comezos.  É unha muller entre homes. E entre rapaces novos. Non hai unha soa alumna no Ciclo. 📌Miriam López e Paula Díaz de 2º Bac. fixéronlle unha entrevista no taller de Carrozaría.