Imaxe: FP Innova 2017 Xunta de Galicia |
A nosa primeira entrada para este blog colaborativo. E estamos contentos de comezalo cunha nova que nos afecta de cheo:
⏩O IES María Sarmiento estará por segundo ano consecutivo no FP Innova 2017 amosando o seu proxecto Interface de comunicación Arduino KNX. Este proxecto foi realizado en colaboración co CIFP Politécnico de Lugo, e resultou premiado na Convocatoria innovación 2016 na Modalidade A.
⏩PROXECTO. O obxecto do proxecto é realizar o deseño dunha placa hardware, coas librarías necesarias para conectar o Arduino (plataforma de hardware e software libre) co bus de comunicacións de KNX (plataforma comercial estándar para comunicacións empregada en domótica e inmótica). Dispoñer desta plataforma é de grande interese porque permite empregar dispositivos de baixo custo en instalacións reais.
Desde aquí só nos queda darlles os parabéns e desexarlles o mellor nese Congreso de Innovación na Formación Profesional que terá lugar os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade da Cultura de Galicia.
Comentarios
Publicar un comentario