No taller de soldadura Cuestionario pdf No Ciclo de Soldadura e Caldeiraría están matriculadas dúas alumnas: Noa e María. Son as únicas mulleres nun ciclo dos de mellor perspectiva laboral. Houbo outras alumnas outros cursos que demostraron a súa pericia na soldadura, porén seguen sendo poucas as mulleres que se apuntan a este ciclo. Falta de visibilidade? As alumnas de 3º da ESO que forman parte do EDLG fixéronlles unha entrevista nos talleres como medio de reflexionar sobre a presenza de mulleres na Formación Profesional. Aquí van algunhas das súas respostas: As instalacións do centro, das aulas, dos baños...están adaptadas ás necesidades de homes e mulleres? Hai algo que se podería mellorar? NOA: No Ciclo de Soldadura non existía vestiario de mulleres a principio de curso; ao haber dúas mulleres habilitaron un baño para este fin. Só se a muller destaca sobre os seus compañeiros masculinos poderá ser contratada Pensades que no mundo laboral ao que
As compoñentes do EDLG nos talleres de Auto coas entrevistadas Nuria Díaz e Rosalía Fernández, compoñentes do Equipo de Dinamización da Lingua Galega entrevistaron ás alumnas do Ciclo Electromecánica de vehículos automóbiles Patricia Casas e Lucía Seijas, dentro do proxecto "Visibilizando á muller na Formación Profesional" con motivo do Día da Muller que se celebra o 8 de marzo. Esta é a entrevista: Cal foi o motivo de matricularte neste Ciclo, por vocación ou polas saídas laborais que ten? Como o coñeciches? PATRICIA:Sempre me gustou o mundo do motor e teño a idea de poder montar un coche para correr. Que proporción de homes/mulleres hai no alumnado deste ciclo? E cal é a proporción profesoras/profesores nos módulos que cursades? LUCÍA:O número de mulleres é moi escaso nos Ciclos Formativos, salvo no de Administrativo;Profesoras só hai unha no Ciclode Carrozaría. As instalacións do centro, das aulas, dos baños...están adaptadas ás necesidad