Saltar ao contido principal

Muller e Formación Profesional: Soldadura e caldeiraría

No taller de soldadura
Cuestionario pdf

No Ciclo de Soldadura e Caldeiraría están matriculadas dúas alumnas: Noa  e María. Son as únicas mulleres nun ciclo dos de mellor perspectiva laboral. Houbo outras alumnas outros cursos que demostraron a súa pericia na soldadura, porén seguen sendo poucas as mulleres que se apuntan a este ciclo. Falta de visibilidade?

As alumnas de 3º da ESO que forman parte do EDLG fixéronlles unha entrevista nos talleres como medio de reflexionar sobre a presenza de mulleres na Formación Profesional.

Aquí van algunhas das súas respostas:

As instalacións do centro, das aulas, dos baños...están adaptadas ás necesidades de homes e mulleres? Hai algo que se podería mellorar?

NOA:  No Ciclo de Soldadura non existía vestiario de mulleres a principio de curso; ao haber dúas mulleres habilitaron un baño para este fin.


Só se a muller destaca sobre os seus compañeiros masculinos poderá ser contratada
Pensades que no mundo laboral ao que podades acceder co título deste ciclo hai igualdade de salarios para postos equivalentes? Contrataranvos con maior reserva por ser mulleres (posibilidade de embarazos,...)

MARÍA: Non o sei, pero espero que en postos equivalentes paguen igual a homes e mulleres, neste ou en calquera outro sector. Respeito da reserva ao contratarnos por sermos mulleres pode que se dea; este é un campo tradicionalmente masculino e a simple presenza da muller pode provocar desconfianza. Só se a muller destaca sobre os seus compañeiros masculinos poderá ser contratada,pero ao mesmo nivel o traballo será para o home; a unha muller aínda non se lle permite ser mediocre.

Credes que é válido supoñer que este tipo de ciclos "é de homes"  e que á súa vez non vale para mulleres?

N:Non porque o ciclo faino quen lle gusta soldadura, a materia en si. 

M: Non hai ningún estudo que sexa exclusivo para homes ou mulleres, inda que as mulleres, historicamente, sempre encontraron trabas á hora de estudar certas cousas.

Para escoitar o audio: 



⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬⏬

Antía Cabanas e Anaïs Gómez de 2º de Bacharelato fixéronlle una entrevista a Pilar Otero, profesora no Ciclo de Soldadura e Caldeiraría.

Pilar é profesora nun ciclo no que predominan os homes;  a pesares de ser uns estudos con moi boas perspectivas laborais, son poucas as mulleres que se animan a seguir estes estudos. Outro tanto acontece coa carreira de enxeñaría que elexiu esta profesora; O  Instituto da Muller  advirte da escaseza de mulleres no ámbito STEM (siglas en inglés empregadas para referirse á  ciencia, á tecnoloxía, á enxeñaría e ás matemáticas); os estereotipos asociados a algunhas carreiras técnicas, a falta de referentes femininos e un marcado estigma social fan que se decanten por outras profesións.

Nesta entrevista Pilar cóntanos un pouco cales foron os motivos para elexir a carreira de enxeñeira e o ben acollida que se sente nun ciclo no que predominan os homes. Salienta o bo trato que sempre recibiu na Consellería de Educación e como muller só notou a desigualdade á hora de buscar un traballo na empresa privada, xa que as cargas familiares non son vistas con bos ollos.

Perante as dificultades só temos dúas opcións: virnos abaixo ou tirar para adiante e a por outra oportunidade

Como excelente docente que é non desaproveita a oportunidade para darnos o seu consello como muller: perante as dificultades só temos dúas opcións: virnos abaixo ou tirar para adiante e a por outra oportunidade.




 Fronte ao machismo as que temos que loitar somos as mulleres.


Agradecémoslle a Pilar a súa colaboración, as súas palabras e a contribución a visibilizar unha profesión para a cal non debe de haber diferenzas entre homes e mulleres.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Muller e Formación Profesional: Electromecánica de vehículos automóbiles.

As compoñentes do EDLG nos talleres de Auto coas entrevistadas Nuria Díaz e Rosalía Fernández, compoñentes do Equipo de Dinamización da Lingua Galega entrevistaron ás alumnas do Ciclo  Electromecánica de vehículos automóbiles Patricia Casas e Lucía Seijas,  dentro do proxecto "Visibilizando á muller na Formación Profesional" con motivo do Día da Muller que se celebra o 8 de marzo. Esta é a entrevista: Cal foi o motivo de matricularte neste Ciclo, por vocación ou polas saídas laborais que ten? Como o coñeciches? PATRICIA:Sempre me gustou o mundo do motor e teño a idea de poder montar un coche para correr. Que proporción de homes/mulleres hai no alumnado deste ciclo? E cal é a proporción profesoras/profesores nos módulos que cursades? LUCÍA:O número de mulleres é moi escaso nos Ciclos Formativos, salvo no de Administrativo;Profesoras só hai unha no Ciclode Carrozaría. As instalacións do centro, das aulas, dos baños...están adaptadas ás necesidad...

Muller e Formación Profesional. Ciclo de Carrozaría.

Talleres do Ciclo de Carrozaría 📌Sara Escalera imparte o módulo Elementos Estruturais do Vehículo no Cliclo Medio de Carrozaría e Preparación de Superficies na Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos. Enxeñeira de Obras Públicas , Enxeñeira agrícola e mestra, preparación non lle falta.Tres titulacións que se sacan con traballo e esforzo.O que demostra que non todos os xoves son xeración nini. Un referente,xa que logo, a ter en conta e á que agradecemos a súa colaboración. En directo mostra o lado máis positivo do seu traballo, inda que en privado non esquece algunhas dificultades dos comezos.  É unha muller entre homes. E entre rapaces novos. Non hai unha soa alumna no Ciclo. 📌Miriam López e Paula Díaz de 2º Bac. fixéronlle unha entrevista no taller de Carrozaría.