Saltar ao contido principal

Muller e Formación Profesional: Electromecánica de vehículos automóbiles.

As compoñentes do EDLG nos talleres de Auto coas entrevistadas

Nuria Díaz e Rosalía Fernández, compoñentes do Equipo de Dinamización da Lingua Galega entrevistaron ás alumnas do Ciclo Electromecánica de vehículos automóbiles Patricia Casas e Lucía Seijas,  dentro do proxecto "Visibilizando á muller na Formación Profesional" con motivo do Día da Muller que se celebra o 8 de marzo.

Esta é a entrevista:

Cal foi o motivo de matricularte neste Ciclo, por vocación ou polas saídas laborais que ten? Como o coñeciches?

PATRICIA:Sempre me gustou o mundo do motor e teño a idea de poder montar un coche para correr.

Que proporción de homes/mulleres hai no alumnado deste ciclo? E cal é a proporción profesoras/profesores nos módulos que cursades?

LUCÍA:O número de mulleres é moi escaso nos Ciclos Formativos, salvo no de Administrativo;Profesoras só hai unha no Ciclode Carrozaría.

As instalacións do centro, das aulas, dos baños...están adaptadas ás necesidades de homes e mulleres? Hai algo que se podería mellorar?

P:Si, están ben acondicionados. Quizais se podería mellorar a temperatura desta aula, o aillamento.

Atopástesvos con algún caso de discriminación de xénero por parte dos compañeiros/profesores ? Nos talleres escoitastes algunha vez tópicos coma o de "muller tiñas que  ser" ?

L: Non, a verdade é que nos tratan moi ben; case se pode dicir que somos nós as que mandamos.

Pensades que no mundo laboral ao que podades acceder co título deste ciclo hai igualdade de salarios para postos equivalentes? Contrataranvos con maior reserva por ser mulleres (posibilidade de embarazos,...)

P: Non penso que haxa diferenza en canto a salarios, pero si que terán en conta a posibilidade de embarazos.

Credes que é válido supoñer que este tipo de ciclos "é de homes"  e que á súa vez non vale para mulleres?

L: Penso que o ciclo serve por igual para homes e mulleres.

Academicamente, que vos está a parecer o ciclo?

P: Paréceme ben. Ás veces a teoría é un pouco "machacada", pero aprendes bastante.
Todas as clases son en galego
Pensades que lle estades abrindo o camiño a outras mulleres?

L: Pode ser que si. Se nos ven estudando aquí este ciclo, pódense animar outras a facer o mesmo.

Práctica de taller

Como vedes  a "saúde" da lingua galega na FP?

L:Todas as clases son en galego e cos nosos compañeiros tamén o usamos sempre.

E por último, segue sendo necesario un 8 de marzo "Día Internacional das Mulleres?

P e L: Pensamos que si porque en moitas cousas non nos dan a importancia que deberían e...alomenos temos un día para nós.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Muller e Formación Profesional: Soldadura e caldeiraría

No taller de soldadura Cuestionario pdf No Ciclo de Soldadura e Caldeiraría están matriculadas dúas alumnas: Noa  e María. Son as únicas mulleres nun ciclo dos de mellor perspectiva laboral. Houbo outras alumnas outros cursos que demostraron a súa pericia na soldadura, porén seguen sendo poucas as mulleres que se apuntan a este ciclo. Falta de visibilidade? As alumnas de 3º da ESO que forman parte do EDLG fixéronlles unha entrevista nos talleres como medio de reflexionar sobre a presenza de mulleres na Formación Profesional. Aquí van algunhas das súas respostas: As instalacións do centro, das aulas, dos baños...están adaptadas ás necesidades de homes e mulleres? Hai algo que se podería mellorar? NOA:   No Ciclo de Soldadura non existía vestiario de mulleres a principio de curso; ao haber dúas mulleres habilitaron un baño para este fin. Só se a muller destaca sobre os seus compañeiros masculinos poderá ser contratada Pensades que no mundo labora...

Muller e Formación Profesional. Ciclo de Carrozaría.

Talleres do Ciclo de Carrozaría 📌Sara Escalera imparte o módulo Elementos Estruturais do Vehículo no Cliclo Medio de Carrozaría e Preparación de Superficies na Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos. Enxeñeira de Obras Públicas , Enxeñeira agrícola e mestra, preparación non lle falta.Tres titulacións que se sacan con traballo e esforzo.O que demostra que non todos os xoves son xeración nini. Un referente,xa que logo, a ter en conta e á que agradecemos a súa colaboración. En directo mostra o lado máis positivo do seu traballo, inda que en privado non esquece algunhas dificultades dos comezos.  É unha muller entre homes. E entre rapaces novos. Non hai unha soa alumna no Ciclo. 📌Miriam López e Paula Díaz de 2º Bac. fixéronlle unha entrevista no taller de Carrozaría.