No taller de soldadura Cuestionario pdf No Ciclo de Soldadura e Caldeiraría están matriculadas dúas alumnas: Noa e María. Son as únicas mulleres nun ciclo dos de mellor perspectiva laboral. Houbo outras alumnas outros cursos que demostraron a súa pericia na soldadura, porén seguen sendo poucas as mulleres que se apuntan a este ciclo. Falta de visibilidade? As alumnas de 3º da ESO que forman parte do EDLG fixéronlles unha entrevista nos talleres como medio de reflexionar sobre a presenza de mulleres na Formación Profesional. Aquí van algunhas das súas respostas: As instalacións do centro, das aulas, dos baños...están adaptadas ás necesidades de homes e mulleres? Hai algo que se podería mellorar? NOA: No Ciclo de Soldadura non existía vestiario de mulleres a principio de curso; ao haber dúas mulleres habilitaron un baño para este fin. Só se a muller destaca sobre os seus compañeiros masculinos poderá ser contratada Pensades que no mundo laboral ao que
Blog do EDLG. Somos estudantes de Formación Profesional do María Sarmiento de Viveiro e vainos a tecnoloxía. Entre moitas outras cousas!