Saltar ao contido principal

Proxecto Interface de Comunicación Arduino KNX.

Imaxe: FP Innova 2017 Xunta de Galicia

A nosa primeira entrada para este blog colaborativo. E  estamos contentos de comezalo cunha nova que nos afecta de cheo:

⏩O IES María Sarmiento estará por segundo ano consecutivo no FP Innova 2017 amosando o seu proxecto Interface de comunicación Arduino KNX. Este proxecto foi realizado en colaboración co CIFP Politécnico de Lugo, e resultou premiado na Convocatoria innovación 2016 na Modalidade A.

PROXECTO. O obxecto do proxecto é realizar o deseño dunha placa hardware, coas librarías necesarias para conectar o Arduino (plataforma de hardware e software libre) co bus de comunicacións de KNX (plataforma comercial estándar para comunicacións empregada en domótica e inmótica). Dispoñer desta plataforma é de grande interese porque permite empregar dispositivos de baixo custo en instalacións reais.

Desde aquí só nos queda darlles os parabéns e desexarlles o mellor  nese Congreso de Innovación na Formación Profesional que terá lugar os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade da Cultura de Galicia.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Muller e Formación Profesional: Soldadura e caldeiraría

No taller de soldadura Cuestionario pdf No Ciclo de Soldadura e Caldeiraría están matriculadas dúas alumnas: Noa  e María. Son as únicas mulleres nun ciclo dos de mellor perspectiva laboral. Houbo outras alumnas outros cursos que demostraron a súa pericia na soldadura, porén seguen sendo poucas as mulleres que se apuntan a este ciclo. Falta de visibilidade? As alumnas de 3º da ESO que forman parte do EDLG fixéronlles unha entrevista nos talleres como medio de reflexionar sobre a presenza de mulleres na Formación Profesional. Aquí van algunhas das súas respostas: As instalacións do centro, das aulas, dos baños...están adaptadas ás necesidades de homes e mulleres? Hai algo que se podería mellorar? NOA:   No Ciclo de Soldadura non existía vestiario de mulleres a principio de curso; ao haber dúas mulleres habilitaron un baño para este fin. Só se a muller destaca sobre os seus compañeiros masculinos poderá ser contratada Pensades que no mundo laboral ao que

Proceso de adaptación dunha motorización de gasolina para o funcionamento con hidróxeno.

Proxecto colaborativo no que participa o María Sarmiento.